O Goberno autoriza as bonificacións das peaxes da autoestrada AP-9 e a Xunta urxe aclarar cando será efectiva a implantación das rebaixas

13 Xullo 2021

O Consello de Ministros autorizou este martes a senda de gasto que permitirá aplicar a redución das peaxes da autoestrada AP-9 que impulsa o Ministerio de Transportes ata o final da concesión da infraestrutura en 2048. A Xunta pediu ao Goberno central saber cando será efectiva a instauración de descontos na AP-9 e se se aplicará de inmediato.

Desde o Goberno galego aclaran que non saben que pasos levan a cabo en relación a estas bonificacións e que, “lamentablemente”, reciben a información a través de medios de comunicación.

O esquema de bonificacións da AP-9 articúlase de forma que para os vehículos lixeiros haberá bonificación do 100% do percorrido de volta no prazo máximo de 24 horas todos os días do ano (laborables e festivos). Para iso, o traxecto de retorno debe ser o mesmo que o de ida en sentido contrario (orixe e destino).

Haberá ademais unha bonificación adicional do 50% do percorrido de ida no tramo Vigo-Tui, e outro desconto adicional do 100% do percorrido de ida no acceso a Redondela (Redondela-Vigo), o que representa a gratuidade neste tramo.

A ” superrecurrencia” consiste nunha rebaixa do 20% do importe pago en todos os percorridos realizados nun mes, a contar desde o percorrido inicial, para aqueles vehículos que realicen máis de 20 viaxes no devandito período. Contabilízase como unha viaxe o percorrido realizado nun mesmo día e nun mesmo sentido de circulación por tramos de peaxe da autoestrada.

As bonificacións aplicaranse aos turismos que utilicen a telepeaxe como medio de pago, unha tecnoloxía que permite abonalo sen necesidade de deter o seu vehículo e para o que se precisa ter un dispositivo instalado denominado ‘ OBE’.

Mentres, para os vehículos pesados, o desconto será do 20% do importe da peaxe en todos os percorridos, haberá gratuidade no acceso desde Redondela (bonificación do 100% dos percorridos internos no tramo Redondela-Vigo –orixe/destino Rande-Vigo–, incluído o acceso ao porto de Vigo) e as bonificacións aplicaranse sen ningún tipo de condicións xa que están dispoñibles todos o día da semana (laborais e festivos) e para calquera sistema de pago da peaxe sen ningún tipo de condicións.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.