O Concello de Boiro reforza o seu servizo á cidadanía coa contratación dun animador sociocultural

23 Xullo 2021

O Concello de Boiro, grazas a unha subvención da Deputación da Coruña, reforza o servizo municipal de cultura coa contratación dun animador sociocultural. O obxectivo consiste en crear postos de traballo para realizar unha dinamización sociocultural do territorio e xerar máis oferta cultural e artística na localidade.

Boiro é un dos municipios máis poboados do Barbanza, ademais dun centro económico, social, deportivo, cultural e turístico importante. Sen embargo, a demanda de actividades aumenta durante os meses de verán. Por iso, o departamento de Cultural do Concello de Boiro deseñou unha programación en pequeno formato, con diversidade de escenarios, e para todo tipo de públicos.

En definitiva, para a creación deste posto de traballo realizouse un proceso selectivo e elaborouse unha listaxe de contratación laboral temporal mediante un concurso-oposición libre. A axuda permitirá que o Concello de Boiro oferte postos de traballo de persoal técnico nos servizos municipais de cultura durante o 2021.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...