O Campamento de Verán de Rianxo mergulla aos participantes en experimentos científicos

16 Xullo 2021

Rematada a primeira semana do Campamento de Verán de Rianxo, principalmente centrada en implicar á rapazada en xogos tradicionais, traballos manuais e obradoiros de igualdade de xénero, entre outras actividades participativas, comezou a segunda semana cunha vertente máis científica e divulgadora.

En concreto, as rapazas e rapaces tiveron a oportunidade de afondar nas actividades do Circo da Ciencia, entre as que se incluíu un experimento colectivo e participativo cunha lámpada de lava e cun volcán, entre ouros moitos xogos cooperativos.

O Campamento de Verán Rianxo 2021 conta con 140 participantes e inclúe catro sedes principais: o Pazo de Rianxiño, o CEP Brea Segade de Taragoña e CEIP Ana Mª Diéguez de Asados. O programa comezou o 5 de xullo e prolongarase até o 27 de agosto, en horario de 10.30 a 13.30 h. Conta ademais cun servizo de Plan Madruga para fomentar a conciliación de familias traballadoras dende as 08.00 h, que conta con 30 usuarios (unha cifra inicial que se tivo que aumentar para dar cabida ás solicitudes presentadas).

Programa e temáticas

As actividades que se van a desenvolver xirar tematicamente arredor da igualdade e o coidado e respecto do medio. Realizaranse as actividades propias campamentais, como xogos, manualidades, deportes, xincanas, máis tamén haberá saídas a lugares de interese e a participación en actividades socioculturais, mais sempre respectando as medidas de prevención da COVID-19.

Na programación do campamento contarase tamén coa colaboración de outras entidades como a Escola de Música de Rianxo, Fousas ao monte, Festival Titiriberia, que participaran con distintos obradoiros, visitas, actuacións… que complementarán estes dous meses de actividade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...