O BNG urxe un plan de recuperación para a xunqueira de San Lázaro en Noia

08 Xullo 2021

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, estivo en Noia para para presentar os detalles das novas iniciativas rexistradas na cámara baixa sobre a recuperación da zona húmida de San Lázaro. Veu acompañado polo portavoz municipal do BNG, Ricardo Suárez. Na súa proposta, pídese tamén a mellora do actual paseo fluvial, así como a rexeneración do campo de fútbol.

Nela, Rego urxe o Goberno central incluír a realización dun proxecto paisaxístico e ambiental dentro da planificación estabelecida como prioritaria polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico dentro da axenda 2030 de emprender a restauración progresiva de todas as zonas húmidas para que poidan recuperar a estrutura e funcións perdidas pola acción humana.

En palabras do BNG, “a evolución urbanística do municipio de Noia durante as décadas dos anos 80 e 90 e a necesidade de mellora da dotación de instalacións públicas deportivas supuxo que, no barrio de San Lázaro, fora acometido o recheo e posterior construción sobre zonas húmidas”. En consecuencia, sinala a agrupación nacionalista, “aproveitáronse estes espazos gañados á xunqueira para a construción do estadio municipal, o cal, na actualidade, é empregado para a actividade deportiva polos clubs municipais de fútbol e atletismo”.

O deputado fixo saber que na contorna atópase un paseo fluvial que cada vez ten unha maior afluencia de persoas que pasean por el, un feito que se suma os centenares de persoas que fan uso das instalacións deportivas e ao proxecto para construír nas inmediacións o futuro centro de saúde do municipio, que dará servizo a unhas 33.000 persoas en toda a comarca. “Mais todos estes terreos atópanse nun actual estado de abandono a pesar do seu gran potencial”, salienta.

Para a formación nacionalista, nesta zona “débense realizar varias actuacións para a posta en valor desta zona húmida mais débese ter un enfoque integral que permita o aproveitamento do terreo e a mellora das infraestruturas, á vez que se rexenera a xunqueira tanto dende o punto de vista ambiental como paisaxístico”.

Ricardo Suárez García salientou que “resulta imprescindíbel actuar na contorna do Estadio de San Lázaro para atallar o estado actual de degradación”. E engadiu: “Tanto o actual paseo fluvial, o campo de fútbol abandonado, como o resto do terreo gañado á zona húmida deben ser obxecto dunha rexeneración ambiental e paisaxística que se combine, á súa vez, con aqueles usos deportivos e de lecer que sexan respectuosos coa contorna”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.