O 24 temos en Rianxo unha cita coa tradición musical galega da man de Óscar Ibáñez & Tribo

12 Xullo 2021

O vindeiro sábado 24 de xullo, ás 22.30 h, Óscar Ibáñez & Tribo achegarán un concerto en Rianxo, no exterior do CEIP Castelao.

O músico e profesor Óscar Ibáñez, nado en Pontevedra no 1976, é a día de hoxe un referente da gaita galega e, tamén, da investigación e posta en valor da nosa tradición musical.

Na actualidade está a presentar a súa nova proposta musical Oscar Ibáñez & Tribo, formada por músicos galegos de recoñecida traxectoria como Fernando Fraga, Harry Price, Carlos Calviño, Paco Dicenta ou Andrés Vilán, coa que actuou en Galicia, Cantabria, Cataluña, Madrid, Canarias e Bretaña.

Amais, está a presentar o espectáculo Alén do Mar, no que, ademais da participación dos instrumentistas da súa banda Oscar Ibáñez & Tribo, contou coa colaboración de músicos galegos, navarros, vascos, andaluces, irlandeses, cubanos, arxentinos, venezolanos e brasileiros.​​​​​​

Volvendo ao concerto de Rianxo, trátase dunha actividade enmarcada no programa Noites Folc do Verán Cultural 2021 e abeirada á Rede Cultural 2021. As persoas interesadas en acudir deberán reservar a localidade na web do Concello de Rianxo, ata o xoves 22 de xullo ás 12:00 h.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.