Nova edición en Noia das Tardes do Verán

01 Xullo 2021

Volven a Noia as Tardes do Verán, programa de actividades para achegar alternativas de lecer, diversión e formación durante a tempada estival. A nova edición foi presentada nos seus detalles este 29 de xuño por Socorro Creo, representante da empresa Axóuxere Deporte e Animación, e a concelleira de Deportes Laura Salgado.

Segundo fixeron saber, as actividades están destinadas a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos.

Todas as tardes de luns a venres, en horario de 19:00 a 21:00, os cativos poderán participar en obradoiros e actividades diversas. Os luns e os mércores Tardes de Verán levarase a cabo no local social da Barquiña, o resto dos días no claustro do Consistorio. Non é necesaria inscrición previa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...