Non haberá Dorna en Ribeira, aínda que se se manterá o seu espíritu

22 Xullo 2021

Un roteiro de tapas, charangas e gaiteiros, unha exposición de carrilanas e unha tirada de fogos artificiais son algunhas das actividades que se desenvolverán o sábado

Ramón López e Francisco Javier Gómez presentaron os actos do sábado

« Ao noso pesar, temos que cancelar a programación dá Festa dá Dorna», sinalou este xoves Francisco Javier Gómez, secretario dá Real e Ilustre Confraría dá Dorna. O motivo é a pandemia e a subida a nivel alto de restricións de Ribeira, que entrará en vigor o sábado.

Foi Ramón López, presidente da Real e Ilustre, quen detallou as actividades que se celebrarán o sábado. Ás 10.03 horas soarán as bombas de palenque ;para que ás 11.27 haxa unha de embarcacións tradicionais chegadas de diferentes puntos da ría de Arousa. Atracarán nos pantaláns do porto e farán saídas durante a mañá e a tarde.

Dorneiros e dorneiras! Teremos que esperar ata a LXXIV Sinjladura para poder vivir a Festa da Dorna que recordamos.

A pesar de todo, queremos que o espíritu dorneiro sija vivo, é por eso que vamos a selebrar uns actos simbólicos con todas as jarantías!

#PROJRAMAREVIRADO
10:03h Así xa de mañá 73 bombas de palenque.
10:30h Exposisión de carrilanas no malecón (Durante todo o día).
11:27h Xuntansa de embarcasións tradisionais.
12:34h Ruta de tapas “Estrellas Mijelín” (23 e 24 de xullo).
12:36h Jaiteiros e Charanjas (Mañá e tarde).
16:48h Botadura da Dorna “Arroutada”.
19:28h Exame de Patróns (Streaminjjj).
23:59h Fogos de artificio.

Convidamos á xente de Ribeira e da comarca a partisipar no cribado que estará no Hospital do Barbansa e chamamos á responsabilidade e ao sivismo, e que o sábado sexa unha xornada onde a Dorna e Ribeira sexan un exemplo ante Jalisia dun comportamento intachable.

Jrasias Concello de Ribeira Gadis Estrella Galicia Camino Xacobeo Conservas Frinsa Xunta de Galicia Galicia Calidade #dorneiros e #dorneiras. Desde la Real e Ilustre Cofradía da Dorna agradecen la colaboración del Xacobeo y de la Axencia Galega de Turismo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lisboa, luz cosmopolita”. Alberto Barciela

“Lisboa, luz cosmopolita”. Alberto Barciela

En apariencia, lo único que vemos de la ciudad es lo que la ciudad nos muestra. Lisboa es traslúcida, se da toda en su generosa actitud para quien se predispone a admirarla, para los que abren sus brazos con el fin de abarcar un pequeño pleno universo cosmopolita,...