Na Pobra un helicóptero do Servizo de Gardacostas rescata a unha menor que sufriu unha caída

Río Pedras

Unha menor tivo que ser rescatada logo de quedar ferida tras sufrir unha caída nas pozas do Río Pedras, na Pobra do Caramiñal.

O 112 Galicia recibía o aviso, contra as seis e media da tarde, dende o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia – 061, que indicaban que non se podían achegar por terra ata o punto onde se atopaba a rapaza.

Así, dende o CIAE-112 Galicia solicitouse a intervención do Servizo de Gardacostas, que mobilizou ao helicóptero Pesca 1 para rescatar á persoa ferida. Ademais, informouse á Garda Civil, aos Bombeiros de Ribeira, á Policía Local e a Protección Civil da Pobra.

Finalmente, a menor, tras ser rescatada, foi trasladada na aeronave ao centro hospitalario de referencia.