Muros incorporase o nivel máximo de medidas sanitarias. Boiro segue sen cambios. A Pobra, Ribeira baixan a nivel alto. Rianxo, Noia, Outes, Cee e Carnota a nivel medio. O Son, Lousame nivel medio baixo

O conselleiro recoñece que a situación é mala pero a Xunta non toma máis medidas que actualizar os niveis de restricións por municipios

20210728 Comparecencia do Conselleiro de Sanidade, Julio Garcia Comesaña

Desde a medianoite deste venres ao sábado haberá 52 municipios en nivel medio e 202 en nivel medio-baixo.

NIVEL MÁXIMO DE RESTRICIÓNS

BOIRO, MUROS, O BARCO, CAMBADOS, MEAÑO, O GROVE, SANXENXO, BURELA, FOZ, VIVEIRO, BAIONA E MONTERROSO

NIVEL ALTO DE RESTRICIÓNS

RIBEIRA, A POBRA, AVIÓN, CARBALLO, ARTEIXO, FISTERRA, OLEIROS, ARZUA, MELIDE, CERVO, RIBADEO
BARBADAS, O CARBALLIÑO, OURENSE, VERIN, A ILLA, MARIN, POIO, PONTEVEDRA, VILAGARCIA, VILANOVA
GONDOMA, NIGRAN, O ROSAL, TOMIÑO, VIGO, A CORUÑA, CAMBRE, CULLEREDO, AMES, SANTIAGO, FERROL
LUGO, BUEU, MEIS, PONTE CALDELAS, RIBADUMIA, A GARDA, MOAÑA, MOS, O PORRIÑO, REDONDELA, AS PONTES, ORTIGUEIRA, CHANTADA, MONFORTE, SOUTOMAIOR, CARIÑO

NIVEL MEDIO DE RESTRICIÓNS

RIANXO,NOIA, OUTES, CEE,CARNOTA, TOQUES, A CAPELA, RABADE, MONTERREI, RIOS, SADA, MONDOÑEDO, BEARIZ, BOBORAS, VILAMARTIN
CORCUBION, CURTIS, PONTEDEUME, BARREIROS, O VALADOURO, A POBRA DE TRIVES, A RUA, COLES,
A LAMA, BARRO, OROSO, PONTECESURES, SILLEDA, TEO, SARRIA, VILALBA, MACEDA, O PEREIRO, RIBADAVIA,
SAN CIBRAO, CALDAS DE REÍS, TUI, BERGONDO, CORISTANCO, BRION, PADRÓN, CEDEIRA,
NARON,VALDOVIÑO, CELANOVA, A CAÑIZA, ARBO, AS NEVES, CANGAS, PONTEAREAS, VILABOA, VIMIANZO.

NIVEL MEDIO BAIXO

O SON, LOUSAME e outros 20O concellos galegos.


Hai restricións vixentes comúns ao todo o país e algunhas cambiounas a Xunta hoxe. Así praias e parques pechan desde a medianoite ata as seis da mañá e non se poden reunir en exteriores máis de 10 persoas non conviventes, 6 en interiores.

Ademais, hai restricións específicas segundo o nivel do municipio, variación de limitacións que afecta principalmente á hostalería:

Nivel máximo

Establecementos de hostalería e restauración: Interior 30% (maiores de 12 anos deberán presentar certificado) e terrazas: 50%.
Lecer nocturno: 50% de terrazas permitidas. Peche á 1 p.m.

Nivel alto

Os parques e xardíns públicos e as praias pecharán entre as 00:00 e as 06:00.
Establecementos de hostalería e restauración: Interior 30% (maiores de 12 anos deberán presentar certificado) e terrazas: 50%.

Nivel medio

Establecementos de hostalería e restauración: Interior 50% e terrazas: 50%. Non se require certificado.
Lecer nocturno: 50% interior permitido (requírese presentación de certificado) e 100% terrazas. Peche ás 3 p.m.

Nivel medio-baixo

Establecementos de hostalería e restauración: Interior 50% e terrazas: 100%.
Lecer nocturno: 50% interior permitido (requírese presentación de certificado) e 100% terrazas. Peche ás 3 p.m.