Monoulious Dop, Pepo Suevos, Broken Peach e Xabier Díaz, nas Festas Patronais de Outes

23 Xullo 2021

O Concello de Outes presenta o cartel das festas patronais 2021. As actividades e concertos comezarán hoxe, venres 23, e rematarán o sábado 31 de xullo. Haberá dende concertos musicais, misas e alboradas ata monólogos ou espectáculos para o público infantil.

Xabier Díaz e As Adufeiras de Salitre porán o broche de ouro ás festas de Outes

Abrirán a programación a Escola de Música e de Baile Tradicional de Outes, ás 21:00 horas na Horta do Muíño (A Serra), e máis o dúo noiés Monoulious Dop, ás 22.30 horas no mesmo escenario, aínda que este ano destacan actuacións como a do grupo Los Mecánicos o domingo 25 ou a dos vigueses Broken Peach (o venres 30 ás 22.30 horas na Horta do Muíño), ou a realización do monólogo Humor Salvaxe, de Pepo Suevos, que se levará a cabo o sábado 24 na Horta do Muíño (para maiores de 13 anos).

Tamén destaca o colofón das festas, que virá a cargo de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salistre, o día 31 de xullo ás 22.30 horas na Horta do Muíño (A Serra), presentando As catedrais silenciadas.

As persoas interesadas en acudir a algunha das actividades, deberán anotarse co seu nome e apelidos na Casa da Cultura da localidade ou a través do teléfono 981850950.

Outros artigos

Espazos Sonoros chega á Pobra con Sara Ruiz, este 26 de setembro

O ciclo Espazos Sonoros 2026, organizado pola Deputación da Coruña, fará parada no concello da Pobra o vindeiro sábado 26 de setembro cunha xornada que combinará música, patrimonio, historia e literatura e que conta coa colaboración do Concello da Pobra do Caramiñal....

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.