Mércores con suba das temperaturas e sol

13 Xullo 2021

O mércores será un día de influencia anticiclónica e con circulación do nordés. A xornada preséntase con ceos pouco nubrados ou despexados ao sur e ceos máis nubrados canto máis ao norte e posibilidade dalgunhas precipitacións, con tendencia á apertura de claros pola tarde. As temperaturas experimentarán lixeiros ascensos ao sur. O vento soprará de compoñente norte moderado, con intervalos fortes no litoral da Costa da Morte.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do norte á mañá e á noite e do norte á tarde, forza 3 a 4 á mañá e 4 a 6 á tarde e á noite. Marusía á mañá e forte marusía á tarde e á noite. Visibilidade boa. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1 metros.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar01:330.8 m
Preamar07:443.3 m
Baixamar13:410.9 m
Preamar20:013.5 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar01:270.8 m
Preamar07:373.2 m
Baixamar13:331.0 m
Preamar19:523.5 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar01:310.8 m
Preamar07:413.3 m
Baixamar13:370.9 m
Preamar19:573.5 m

* As horas están en horario local.

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.