“Indignados” – José Manuel Pena

08 Xullo 2021

Moitos políticos e gobernantes non se cansan de repetir que paguen a crise os que a xeraron. Seguro que algúns destes responsables públicos son persoas sinceras e honradas, por iso saben que moita culpa da actual crise mundial é de todos nós (uns máis que outros, evidentemente), os que vivimos nos chamados países occidentais.

Durante moito tempo vivimos por encima das nosas posibilidades crendo que os dereitos adquiridos serían eternos e non pensamos máis aló do noso propio interese persoal. Abusamos de maneira consciente da sanidade pública, da política de bolsas, das baixas médicas, das prestacións por desemprego, mesmo das xubilacións anticipadas e os expedientes de regulación de emprego masivos. Tiñamos que posuír a vivenda habitual en propiedade e unha segunda ou terceira vivenda, un turismo por cada un dos membros da familia, ultimamente xa non era suficiente un mes de vacacións ao ano, senón que aproveitabamos, case todos os fins de semana, para gozar de estancias curtas en hoteis, hostais, casas rurais ou balnearios e gozando con suculentas mariscadas.

Fuxiamos constantemente da realidade e nada queriamos saber dos 80 millóns de pobres que hai nos vinte e sete países da Unión Europea, nin os miles de nenos e mulleres africanos que morren literalmente de fame por culpa das políticas mercantilistas dos países ricos que prefiren mirar para outro lado e permitir a corrupción gobernamental nesas comunidades. O máis triste é que, a pesar da crise e dos millóns de indignados do planeta, os pobres son cada vez máis pobres e os ricos máis ricos.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...