Hai subvencións pesqueiras prexudiciais?. Antón Luaces

22 Xullo 2021

O feito de que a Organización Mundial do Comercio (OMC) non acadara o pasado día 15 de xullo un acordo sobre as denominadas “subvencións pesqueiras prexudiciais”, permite discernir sobre si hai ou non hai subvencións ao sector pesqueiro -especialmente no que atinxe ao combustible que os buques de pesca empregan- e, sobor de todo, que son as subvencións prexudiciais.
A reunión ministerial da OMC, celebrada por vía telemática, concitou o interese dun total de 104 ministros e xefes de delegación (entre estes, o vicepresidente da Comisión Europea, Valdis Dombrovskis, que representaba á Unión Europea).Que non se chegara a un acordo sobre as devandita subvencións pesqueiras prexudiciais, non fixo que a directora xeral da OMC, a nixeriana Ngozi Okonjo-Iweala, decaera na súa pretensión de tratar a fondo este polémico asunto. Tan é así que confía en acadar antes do 29 de novembro (que será cando a OMC celebre en Xenebra a súa 12ª conferencia mundial) ese acordo ata o de agora esquivo porque, dixo, “por primeira vez os ministros dixeron imos negociar”. E a señora Okonjo-Iweala é coma o martelo pilón con este asunto, convertido nunha prioridade dende que aceptou o mandado.Certamente, as distintas partes empeñadas en debater esta cuestión non están aÍnda de acordo. Este debera terse producido antes de que rematara o ano 2020, pero grazas ao esforzo contínuo da directora xeral e o do presidente do grupo de negociación da OMC (o embaixador colombiano Santiago Wills) sobre o que constitúen as subvencións prexudiciais para a pesca sustentable fai que, efectivamente, a desexada aprobación se poida dar este mesmo ano. E todo porque, unido a unha maioría de ministros predispostos a tal aprobación, hai unha coalición de 181 ONG ecoloxistas (a Stop Funding Overfishing) que apoian decididamente as medidas contempladas e que van dende as subvencións á construción de barcos ata o apoio ao mercado e a exención do imposto sobre o combustible -para moitos deles unha axuda estatal- ou mesmo o financiamento da investigación pesqueira. Para eles, o combustible libre de impostos permite o funcionamento de frotas que, doutro xeito, non serían rendibles. Apuntan moi directamente as distintas frotas pesqueiras de España, aínda sen dicilo. No nome da UE, o vicepresidente  da CE referíuse a que esto incluía todas as subvencións á pesca ilegal, non regulada e non declarada, así como as subvencións   que contribúen ao exceso de capacidade e á sobrepesca”, abundando na idea de que os Fondos comunitarios destinados á renovación das frotas tamén inciden negativamente na actividade pesqueira. O que obriga a pensar que tendo amigos así, para nada se precisan enimigos. (España, como é sabido, forma parte da OMC).A Unión Europea, por certo, ao igual que Noruega, Xapón, etc., non admite a inclusión do combustible libre de impostos na definición desas “subvencións prexudiciais”. E tamén se fai constar que a saúde das poboacións é máis ben unha cuestión de boa xestión da pesca, que funciona mellor no Atlántico Norte.De calquera xeito compre salientar que a mesma Unión Europea pretende que este réxime de exención sexa limitado no espacio (pesca costeira artesanal) e no tempo, e ten no punto de mira a pesca de altura chinesa, que opera directamente ou a través de empresas conxuntas, ao igual que en moitos países africanos.En definitiva, cando non é unha cousa é outra a que afecta ao sector pesqueiro español, para o que non se debuxa, nen moito menos, un futuro favorable. 

Outros artigos

“Recado de escribir para Julio Cortazar”. Alberto Barciela

Artículo de inauguración del VII Congreso de Editores Europa América Latina Casa América, Madrid, 18 de marzo de 2024 Estimado Julio Cortázar, admirado maestro, Confío en que en la vastedad del universo, al menos del inmemorial te alcancen estas reflexiones. Si te...

+

“Ata logo Tucho” – Fernando Sarasketa

Tucho díxolle á súa neta: lévame ao Faro de Corrubedo. Creo que foi unha das últimas viaxes ou excursións que fixo, era un home de Ribeira, da súa terra, pero tamén un algo viaxeiro e con interese por coñecer outros lugares. En Corrubedo, era un bonito día de sol,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manual del Buen Corrupto”. José Castro López

“Manual del Buen Corrupto”. José Castro López

El primer principio del Manual del Buen Corrupto es la petición que el subordinadohace a su jefe: “No te pido que me des, te pido que me pongas allí donde se reparte eldinero” y ya se encargará él de que ese reparto sea equitativo de acuerdo con la máximael que parte...

“No le dejéis morir.”. Manuel Dominguez

“No le dejéis morir.”. Manuel Dominguez

Se llama valle alto, todo verde un pequeño rio marca frontera, antaño el viento rompía el silencio en su ausencia, hoy solo un solitario mugido, dos vacas al fondo, mas allá 4 puntos blancos, son las ovejas de tía Filomena, las vacas del tío Aurelio. Él me lleva a un...