Grandes estreas na sexta edición do programa Titiriberia

15 Xullo 2021

O Festival Titiriberia, organizado pola Asociación Morreu o Demo coa colaboración do Concello de Rianxo e da Deputación da Coruña, celebrará a súa sexta edición en Rianxo entre os días 20 e 24 de xullo. O Titiriberia 2021 acollerá encontros nos que se realizarán gravacións e entrevistas para recoller os testemuños de persoas de idade que lembran a Barriga Verde e a outras familias de titiriteiros tradicionais con presenza na vila. A maiores, o programa contempla outras actividades como exposicións sobre os monicreques tradicionais, presentacións de libros, unha mesa redonda moderada ou actuacións con títeres.

O martes 20, arrincará o festival co espectáculo Dona Barriga Verde, da compañía galega Larraitz Producións Artísticas. Esta programación desafía as convencións de xénero ao converter o clásico personaxe da tradición titiriteira galega en muller. A peza, estará destinada a maiores de cinco anos.

Dúas grandes estreas

En primeiro lugar, o venres 23 de xullo, Indignati (Asociación Galega de Commedia dell’Arte), presentará o seu espectáculo Maldita Máscara, unha montaxe de Commedia dell’arte que mestura contos, música, acrobacia e máscara. Esta actuación terá lugar no Pazo do Rianxiño ás 20:30 horas. Na mesma liña, a segunda estrea será ás 21:00 horas no mesmo espazo e correrá a cargo da compañía Babaluva, que dará a coñecer a súa peza Feira de sementes.

O programa, que se vai celebrar en Araño, Isorna, Taragoña, Leiro, Asados e Rianxo, inclúe outras grandes citas, como é o caso da xa celebre Varietés do Barriga Verde, un encontro escénico para o público adulto que reúne diferentes artistas nun espectáculo, conducido por Iria Pinheiro, que combina o cabaré, o teatro, os monicreques e a música. Este evento celebrarase no Patio do CEIP ADR Castelao o 23 de xullo ás 23:00 horas e contarán coa participación de Larraitz Urruzola, Títeres Alakrán, Rafa Rey, Tero Rodríguez, Lucho Penabade e Malala.

Ademais, a música correrá a cargo dun cuarteto da Escola de Música de Rianxo. Nesta actuación presentarase o libro República Sideral, da dramaturga local Esther Carrodeguas.

A entrada realizarase baixo reserva e toda as incidencias ou variacións que se poidan producir actualizaranse a través da páxina do Concello de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.