
Datos actualizados a 30 / XUÑ.18:00H
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 1.837 deles 544 son da área da Coruña, 222 da de Lugo, 199 da de Ourense, 321 da de Pontevedra, 297 da área de Vigo, 176 da de Santiago e 78 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 10 están en UCI, 43 en unidades de hospitalización e 1.784 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 125.648 persoas curadas, rexistrándose 2.436 falecementos.
O número de PCR realizadas é de 2.365.783.
O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 2.755.096.
Deste xeito as cidades da Coruña e Pontevedra son as que máis crecen hoxe, cunha variación de 36 e 12 casos máis en só 24 horas. A elas séguelle Vilagarcía de Arousa, que entra nunha situación moi delicada ao detectar case unha ducia de casos en apenas un día. Só Santiago e Ferrol permanecen en risco baixo mentres que Pontevedra é a única en risco alto.
A Xunta continúa a traballar desde a máxima coordinación interdepartamental e co Ministerio de Sanidade, tamén mantendo o contacto con todos os axentes socioeconómicos de Galicia. Neste senso, Sanidade reitera que segue alerta actualizando todas as medidas e recomendacións e en vixilancia permanente. Os datos de escolas infantís e centros de ensino non universitario corresponden aos rexistrados diariamente a través dos propios centros e as xefaturas territoriais.
-Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas
–Rexistro de viaxeiros no 881 00 20 21 e indicacións sobre o uso da máscara