A COVID continúa o seu avance por Galicia nas últimas xornadas coincidindo coa relaxación de restricións decretadas para o comezo do verán. O volume de contaxios estabilizouse nas últimas horas, aínda que seguen por encima dos 200, o que fai que os casos activos en Galicia subisen ata rozar a barreira dos 2.285.
Os datos da Consellería de Sanidade con rexistros ata o sábado 3 de xullo rexistran 51 persoas ingresadas con COVID-19 nos hospitais galegos, 10 delas nas unidades de coidados intensivos. Así, o número de hospitalizados en UCI redúcese en dúas con respecto ao día anterior, ao haber unha persoa menos tanto en planta como na UCI. Santiago-Barbanza, con catro ingresados, dos que un está en coidados intensivos.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, dixo que probablemente o comité clínico do próximo martes terá que revisar as medidas. O aumento de contaxios entre os grupos de idade máis novas na comunidade fixo saltar as alarmas especialmente coa volta do lecer nocturno.
