Galbán e Touriñán recalan esta fin de semana en Rianxo coa súa comedia Tempos modernos

26 Xullo 2021

O espectáculo de humor Tempos Modernos chega esta fin de semana a Rianxo. En concreto, representarase este sábado, 31 de xullo, ás 21:00 horas, no exterior do CEIP Castelao. O espectáculo virá da man dos actores, narradores e humoristas Duarte Galbán e Xosé Antonio Touriñan.

Para máis información, os interesados poden comprobar a páxina de Facebook do Concello.

Tamén poden visitar a web ataquilla.com, co fin de adquirir as entradas.

Tempos Modernos é “un espazo de comedia salvaxe, actual, innovador e en galego que ameaza con romper esquemas nunha situación social nunca antes vivida”.

Contarase coa música en directo de Leite con Jalletas e o humor de Duarte Galbán e X.A. Touriñán, que traen o seu último repertorio para facer “a comedia que tanto precisamos”, avanzan.

Indo ao miolo do asunto, trátase dun show cómico pouco convencional que combina varios estilos de humor e moita retranca do país, nun espazo cultural que pretende chegar ao público de todas as idades.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...