“Fracasamos” – José Manuel Pena

20 Xullo 2021

Cando un tenta repasar o vivido dáse conta das ilusións e proxectos que van quedando polo camiño. Se ademais xa tes máis do medio século de vida es consciente do efémero da existencia así como dos amigos e compañeiros que xa non están entre nós. Seguro que estarán a esperar, pacientemente, nese lugar do que ninguén pode escaparse.

Por iso é moi importante e necesario atoparlle un mínimo sentido á vida. Non só podemos pensar de maneira superficial, en ter parella, fillos ou un traballo estable. En ter diñeiro, propiedades e gozar do lecer ao máximo como nos inculcaron a maioría dos nosos devanceiros. O certo é que non fomos capaces de mellorar o mundo. Non era noso, nin o será dos nosos fillos pero deixámoslles un planeta moito peor, máis inxusto e insolidario.

Que fracasamos, é evidente. O mellor de todo é que para dar un xiro radical á situación depende unicamente de nós mesmos. Unha minoría, acomodada, foi capaz de arrastrarnos ao abismo do pasotismo e a indiferenza para que todo siga igual e sexan eses poucos os que sigan dirixindo os nosos destinos.

Pensar e reflexionar, aproveitando o que queda de verán, sería bo para non seguir estragando o tempo en estupideces e lindeces. Non pensemos unicamente en nós, miremos tamén o temos ao redor noso, no máis próximo e no que de verdade podemos tentar cambiar e mellorar.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...