Fantoches Baj levan este mércores a Portosín o seu espectáculo Os romeiros do caracol

Este mércores Portosín é unha festa da creatividade e a imaxinación da man da agrupación Fantoches Baj e o seu espectáculo Os romeiros do caracol de Fantoches Baj. Será na praza do Curro de Portosín ás 12.00 horas. Produce Urdime e organiza o Concello de Porto de Son.

A peza Os romeiros do caracol está baseada na obra de Antón Fraguas Romarías e Santuarios de Galicia e pensada para publico infantil e familiar a partir de 5 anos. O argumento ten o punto de partida no camiño de regreso dos irmáns Quintá dende Santo Andrés de Teixido á súa casa despois de cumprir a ofrenda que lle prometeran ao seu defunto avó de levalo ao santuario en forma de caracol, xa que non fora de vivo. A sabendas de que o camiño ía ser lento viaxan nunha caravana-caracol que tamén serve de teatriño de monicreques co que contan as historias e cancións que viron e escoitaron en Santo Andrés. O espectáculo está escrito e dirixido por Ignacio Vilariño, e os actores son o propio Vilariño e máis Carlos Quintá.