Explosión de positivos en Boiro. Galicia rexistra un total de 8.319 casos activos por COVID. O Barbanza-Santiago sobe +159. O subcomité de Sanidade non cambia as medidas

16 Xullo 2021

Explosión de positivos en Boiro e Sanxenxo e todas as cidades xa están en risco extremo ou máximo. Municipios da comarca cuxo cómputo de positivos no últimos sete días sobe hoxe respecto ao mesmo cómputo onte:

  • Boiro +44; Pobra Do Caramiñal +2; Porto Do Son +2; Ribeira +4. As principais cidades galegas experimentan os seguintes novos casos positivos Santiago De Compostela +28; Coruña (A) +57; Pontevedra +62; Vigo +78.
  • ÚLTIMO COMPUTO DE CAMBIO SEMANAL:
  • Boiro (Positivos en 7 días 133, en 14 días 154) ; A Pobra ( 7 días 39 casos, en 14 días 52); O Son (7 días 25 positivos en 14 días 36 positivos).
  • O subcomité de Sanidade reunido esta mañá decidiu non cambia las medidas previstas e que empezarán esta próxima noite.

Por áreas sanitarias, as infeccións activas ascenden de maneira máis acusada nas de Pontevedra e O Salnés (+265) e Vigo (+254); seguidas das de Ourense (+188), Santiago e Barbanza (+159), A Coruña e Cee (+139), Lugo (+69) e Ferrol (+37).

Deste xeito, continúa á cabeza de casos activos a área de Vigo, con 1.845; seguida da de Ourense, con 1.617; Pontevedra e O Salnés, con 1.550; A Coruña e Cee, con 1.330; Santiago e Barbanza, con 976; Lugo, con 700; e á cola mantense a de Ferrol, con 301

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 8.319 deles 1.330 son da área da Coruña, 700 da de Lugo, 1.617 da de Ourense, 1.550 da de Pontevedra, 1.845 da área de Vigo, 976 da de Santiago e 301 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 14 están en UCI, 82 en unidades de hospitalización e 8.223 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 127.459 persoas curadas, rexistrándose 2.441 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 2.447.140.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 3.223.330.

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 900 400 116 para dúbidas

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.