En Ribeira inaugurada a exposición Momentos para a creatividade do boirense Joaquín Cortés Laíño

05 Xullo 2021

A inauguración da exposición Momentos para a creatividade de Joaquín Cortés Laíño, celebrada o pasado venres, suscitou unha gran expectativa ata o punto de completar o máximo do aforo permitido na apertura da mostra. Así, medio cento de persoas acudiron ata as instalacións do Centro Cultural Lustres Rivas para contemplar unha proposta coa que se dá inicio á programación municipal da Fiestra da Cultura.
Membros da Corporación ribeirense, persoeiros culturais da zona como Manuel Ayaso, Manuel Cartea, Pastor Rodríguez ou Che Tembra e visitantes chegados de lugares situados fóra da comarca como Lugo, Santiago ou A Coruña, foron algúns dos que asistiron a un acto no que Joaquín Cortés, tamén presente, exhibe unha combinación de esculturas e pinturas que mesturan materiais como o ferro e a madeira, acrílicos, colaxes, materiais de refugallo ou, ata pezas dun piano baixo o título Momentos para a creatividade”.
A mostra permanecerá no Lustres Rivas ata o 31 de xullo e pode ser visitada de luns a venres de 10 a 14 horas e de 19 a 21 horas e os sábados de 11 a 14 horas.
Durante o acto inaugural, a concelleira de Cultura María Sampedro animou á veciñanza a contemplar esta fermosa exposición, sempre respectando os protocolos COVID.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.