En Muros os servizos de emerxencia rescatan a seis persoas que navegaban en dous caiacs

30 Xullo 2021

Seis persoas que navegaban en dous caiacs fronte á praia de San Francisco, en Muros, tiveron que ser rescatadas por Salvamento Marítimo, logo de que, por mor das correntes da zona, tivesen problemas para regresar a terra. 

Segundo informaba ao 112 Galicia, ás seis da tarde, unha das persoas que ía nos caiacs, navegaban fronte á praia de San Francisco, en Louro, pero afastáronse da liña de costa do areal e a corrente non lles permitía regresar á beira. Ademais, sinalaba que a embarcación, na que viaxaban seis persoas -entre elas, dous menores-, estaba rodeada por varios golfiños.

Con estes datos, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia deuse aviso a Salvamento Marítimo, que mobilizou unha embarcación para acudir ao rescate, e ao Servizo de Gardacostas de Galicia. Deseguido, tamén foron informados os socorristas da praia de San Francisco, a Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil de Muros.

Afortunadamente, todos os ocupantes da embarcación puideron ser rescatados por Salvamento en bo estado.

Outros artigos

Falece afogado un home de 80 anos na praia de Caldebarcos en Carnota

Un home de 80 anos morreu afogado na mañá deste venres na praia de Caldebarcos, no municipio coruñés de Carnota, á que acudira para darse un baño. O falecido é veciño de Caldebarcos. O corpo da persoa falecida foi recuperado por un particular. Foi o mesmo particular...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A vivenda” – José Manuel Pena

“A vivenda” – José Manuel Pena

É un ben de mercado para o negocio particular ou un dereito básico, fundamental e humano, como pode ser a educación, a sanidade, a prestación por desemprego ou a xubilación? A vivenda, en Galicia e no resto de España, continúa sendo un negocio e un ben de...