En Lousame os cincuenta nenos e nenas do Verán Activo 2021 desfrutan dunha xornada na piscina municipal

16 Xullo 2021

Os 50 nenos e nenas que participan no campamentos Verán Activo 2021 do Concello de Lousame, que teñen lugar do 12 ao 23 de xullo, desfrutaron esta mañá dunha xornada especial de festa na piscina municipal, acompañados de inchables acuáticos e obradoiros da man de Infantilandia. Unha actividade na que estiveron acompañados pola
concelleira de Cultura, Silvia Agrafojo, quen salientou o gran traballo que están a desenvolver tanto os técnicos municipais como o voluntariado que se encarga do coidado da rapazada.
Agrafojo puxo en valor que “son uns campamentos adaptados ás circunstancias actuais, nas que a seguridade dos nenos e nenas ten que estar por riba de todo”. Neste sentido, destacou “o traballo dos técnicos municipais de Deportes, Voluntariado e Cultura na coordinación dos campamentos e a gran resposta do voluntariado local, grazas ao cal sempre podemos facer actividades en Lousame”.
A concelleira de Cultura salientou tamén a boa resposta das familias, que están a permitir o funcionamento do sistema de deixada e recollida das crianzas sen teren que baixar do vehículo. As familias chegan nos vehículos e o persoal dos campamentos tómanlle a temperatura cun termómetro de infrarroxos ao pequeno (e se supera os 37 graos non pode
quedar). Ademais, cada cativo ten que pasar un proceso de desinfección de calzado, mans con xel hidroalcohólico e dos obxectos. Así mesmo, cada obxecto que é empregado por cada cativo nas actividades non se volverá a usar no campamento, garantindo así a máxima seguridade.
Durante a próxima semana, a rapazada desfrutará de rutas de sendeirismo, xogos populares, campionatos de videoxogos e de waterpolo… e mesmo dunha viaxe imaxinaria a Turquía, na que contará con dúas guías de excepción: Ebru Karaca e Dilara Güven, as dúas voluntarias turcas chegadas a través do proxecto europeo “Actividades interxeracionais de voluntariado”, que tamén colaboran no desenvolvemento destes campamentos.

Outros artigos

A Marea de Noia require unha inspección da ETAP

O voceiro da Marea de Noia, Manolo Seijas, presentou un escrito ante a inspección de sanidade sobre a auga municipal no que require ao dito departamento unha análise exhaustiva da ETAP (Estación Tratamento de Auga Potábel) para verificar o estado da mesma e do...

+

I Concurso Infantil de Debuxo ApiBarbanza – 2024

A delegación de AGA, asociación Galega de Apicultores, no seu Delegacion do BARBANZA SALNES convoca I Concurso Infantil de Debuxo Apícola co fin de involucrar e concienciar aos nenos sobre o valor da abella como axente polinizador e na conservación do medio...

+

Todo preparado para a Semana Santa na ría da Estrela

Na ría da Estrela (ría de Muros e Noia) prepararon estes días até os máis miúdos detalles para recibir aos visitantes de Semana Santa. "Aqueles que buscan historia, contorna, gastronomía, atoparano neste roteiro que axunta os concellos de Lousame, Muros, Noia, Porto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

“Cadaquén coa súa idea”. Luís Celeiro

Fóronse onte pola madrugada e arestora aínda non chegaron. Montaron nun avión para ir a “non seionde” e, despois, un tren de longo recorrido levaríaos a outro aeroporto,  para seguir o seuprograma de turismo ofertado por unha das máis importantes axencias de turismo...

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

“Good morning, Baltimore”. Antón Luaces

Este xoves foron recuperados outros dous cadáveres supostamente doutros tantos obreiros da maior infraestrutura marítima de Baltimore, considerada a de máis lonxitude de Estados Unidos, que foi derrubada o pasado martes polo portacontedores "Dalí", que bateu contra a...