En Lousame convocado un obradoiro infantil e xuvenil sobre banda deseñada

O Concello de Lousame convoca o obradoiro O mundo do cómic, que terá lugar o xoves 12 de agosto, ás 11:00 horas, na Casa da Cultura de Lousame. Trátase dun obradoiro de balde dirixido a nenos e nenas de 6 a 16 anos, que deberán reservar a súa praza a través de Bando Ticket.

O taller terá unha duración de 60 minutos, nos que a rapazada aprenderá a distinguir os distintos tipos de banda deseñada segundo o formato: historietas, libros de cómic ou novelas gráficas. A concelleira de Cultura e Mocidade, Silvia Agrafojo, explica que o obxectivo é “achegar aos nosos nenos e nenas á historia da banda deseñada e á súa influencia no mundo contemporáneo, repasando as orixes do cómic e contrapoñendo os cómics americanos ou europeos ao fenómeno manga xaponés”.

Este obradoiro está organizado polo Concello de Lousame, en colaboración co programa Ler conta moito da Xunta de Galicia.