En Lousame, a rapazada terá á súa disposición un curso de balde de actividades de tempo libre en inglés

08 Xullo 2021

O Concello de Lousame presentou este 8 de xullo unha innovadora iniciativa de formación para nenas e nenos tempo neste de vacacións. Trátase dun curso de balde de actividades de tempo libre en inglés. Será impartido por Ebru Karaca e Dilara Güven, voluntarias turcas chegadas a Lousame a través do proxecto europeo Actividades interxeracionais de voluntariado.

A iniciativa foi presentada esta mañá pola concelleira de Servizos Sociais, Silvia Agrafojo; o técnico de Voluntariado de Lousame, Xosé Manuel Outeiral; e as propias Ebru Karaca e Dilara Güven.

“Animamos aos nenos e nenas de Lousame a que se apunten porque é unha forma de entreterse, aprender e lembrar o inglés aprendido no colexio. Para iso participarán en actividades como pintura, karaoke, música, xogos, ines, teatro, creatividade…”, explicou Silvia Agrafojo, dando paso as dúas voluntarias, que se mostraron “moi felices de traballar co Concello de Lousame” e expresaron o seu obxectivo de “lograr que os nenos e nenas desfruten coas actividades que temos programadas”, engadiu Dilara Güven.

As sesións terán lugar no exterior do local social do Sanguiñal (Tállara) durante o mes de agosto en horario de 10:30 a 13:30 horas (se chovese, ocuparíase o propio local). Haberá tres quendas: nenos/as de 5 a 6 anos (3, 4, 5 e 6 de agosto), nenos/as de 7 a 9 anos (17, 18, 19 e 20 de agosto) e nenos/as de máis de 10 anos (24, 25, 26 e 27 de agosto). As inscricións poden formalizarse do 9 ao 23 de xullo en www.bandoticket.com. Haberá 15 prazas dispoñibles por quenda, que serán adxudicadas por orde de inscrición.

Finalmente, Xosé Manuel Outeiral destacou que “é unha iniciativa novidosa, deseñada totalmente por Ebru e Dilara e que está incluída dentro das Actividades interxeracionais do voluntariado”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...