En Galicia 1.193 contaxios novos soben a 18.885 os casos activos

30 Xullo 2021


400 contaxios menos que o venres pasado e a incidencia a 14 días baixa por primeira vez. Os hospitalizados seguen aumentando e superan os 300.

Os contaxios de coronavirus en Galicia soben respecto a onte, foron 1.077, pero mantéñense por segundo día consecutivo por baixo do mesmo día da semana anterior, e os 1.193 de hoxe son 400 menos que os 1.593 do venres pasado. Os casos activos hoxe só aumentan en 109 persoas ata os 18.885, grazas a que as altas son cada vez máis numerosas e hoxe por primeira vez nesta quinta onda superan o milleiro.

Por áreas sanitarias Santiago resta casos activos por primeira vez nesta quinta onda, Ourense continúa mellorando e resta máis de 100 casos activos, mentres que Pontevedra volve empeorar debido a un alto número de contagios (203). Seis das sete as áreas sanitarias galegas rexistran menos contaxios hoxe que o venres pasado, mentres que Ferrol suma xusto os mesmos (78).

A situación hospitalaria empeora respecto a onte, con 25 pacientes máis, 1 máis en UCI e 24 máis en planta. O total de pacientes é superior en 90 persoas a fai sete días. Hai unha semana había 212 hospitalizados en Galicia divididos en 189 pacientes de planta e 23 de UCI, e hoxe son 302 en total, con 266 planta e os outros 36 na unidade de críticos (1 máis que onte).

Vigo, Pontevedra e A Coruña son as áreas máis afectadas. A área herculina sobe a 3.763 casos activos, con 120 contagios. Vigo rexistra 281 contagios e soben a 4.475 os casos activos, a maior cifra de toda a pandemia. Pontevedra suma 203 contagios e sobe a 3.031 casos activos.

O Sergas di que nas últimas 24 horas confirmáronse 1.223 casos de COVID-19 por PCR, pero a diferenza entre o total de infectados desde o inicio da pandemia de hoxe (155.760) e o de onte (154.567) é de 1.193 persoas.

Nas últimas 24 horas rexistráronse en Galicia 1.193 novos casos de SARS- CoV-2, 2 falecementos e 1.082 altas, o que fai que aumenten en 109 persoas os casos de coronavirus, pasando dos 18.776 de onte aos 18.885 de hoxe.

O total de hospitalizados sobe de 277 a 302 pacientes, 1 máis en UCI e 24 máis en planta. O pasado venres eran 212 hospitalizados, 90 menos que hoxe. O total de casos de coronavirus contabilizados polo Sergas desde o inicio da pandemia é de 155.760.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...