En Boiro comezaron as obras para renovar os pavimentos e redes en Fonte do Mouro

06 Xullo 2021

O Concello de Boiro informou do comezo das obras para renovar os pavimentos e redes de servizo en Fonte do Mouro. Esta actuación lévase a cabo con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, visitaron o lugar dos traballos.

A finalidade desta actuación é a mellora do firme nun tramo de rúa na aldea de Fonte do Mouro que na actualidade presentaba deficiencias no pavimento indicativas do seu deterioro e tamén deficiencias nas redes de captación de pluviais. O Concello engade que o pavimento existente requiría uns gastos excesivos de conservación e, debido á inexistencia de captación de pluviais, producíanse grandes escorrentías de auga.

Estase a levar a cabo unha rehabilitación superficial para conservar e mellorar as características funcionais de seguridade, e comodidade así como a protección do conxunto do firme e a instalación dunha rede de pluviais. Vaise actuar nun tramo duns 780 metros de lonxitude cunha superficie duns 4.900 metros cadrados.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.