Emigración abre un novo portal en “Galiciaaberta” con información tributaria

03 Xullo 2021

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, presentou este 1 de xullo a través do servizo Facebook Live o novo portal que este departamento autonómico vén de poñer en funcionamento na súa web Galiciaaberta e no que os residentes no exterior e retornados poden consultar información tributaria relativa aos seus países de residencia en relación con España.

En total, é posíbel consultar esta información nos 11 países con maior número de residentes de orixe galego en Europa, e posteriormente, ampliarase cos países con maior colectividade galega en América.
A Secretaría Xeral da Emigración ofrece a través deste portal unha serie de informacións básicas para aclarar as cuestións básicas vinculadas á tributación das rendas obtidas por persoas físicas que teñan a condición de galegos/as retornados/as ou de galegos/as no exterior.
Asemade, a través dunha serie de ligazóns orientarase de xeito sinxelo e visual sobre as regras xerais existentes en relación aos principais criterios previstos para cada tipo de renda segundo os países, centrándoos nas persoas físicas.

Outros artigos

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.