Costas e Concello traballan para o inicio das obras que prolonguen o paseo marítimo de Noia

15 Xullo 2021

Esta semana o alcalde de Noia, Santiago Freire, reuniuse cos técnicos de Costas e co topógrafo para iniciar a materialización definitiva das obras que darán continuidade ao paseo marítimo local dende Abruñeiras ata o Talleraco e Río do Porto.

Trátase dun proxecto que vén cun investimento de máis de 60.000€, que se iniciará proximamente e que permitirá a creación dunha senda peonil de 2,5 metros de ancho e unha área de lecer. Como dixemos, a idea é prolongar o paseo marítimo de Noia, que se interrompe na zona Abruñeiras, e darlle continuidade até as proximidades da ponte da variante sobre a ría.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.