Comezan os traballos para transformar os estaleiros Hermida na nova sede do Club de Mar de Noia

19 Xullo 2021

O Concello de Noia informou do comezo dos traballos para acondicionar o antigo estaleiro de Hermida, no lugar de Abruñeiras, co obxectivo de convertelo na nova sede dos remeiros do Club de Mar de Noia, que a día de hoxe non contan cunhas dependencias cen por cen axeitadas para a súa actividade.

Este proxecto de posta en valor dun edificio histórico que levaba anos abandonado será posíbel grazas á colaboración entre o propio Concello, a Dirección Xeral para o Deporte e a Consellería de Medio Ambiente.

Os traballos veñen cun investimento de 470.000 euros. O resultado será un edificio de dous andares e cunha superficie total construída de 1.246 metros e algo máis de mil metros cadrados de superficie útil. Incluirá dous hangares para as embarcacións, aseos e vestiarios (no andar baixo) e un ximnasio de máis de cen metros cadrados, maquinaria diversa de adestramento, unha sala de remo interior e despachos (no andar superior).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.