Chispetrén, de Jesús Iglesias, leva a XV Regata Gadis na División dos Regata

17 Xullo 2021

Mar de Frades, de Carneiro, en Cruceiro/Regata e Arousa VI, de Colomer, en Cruceiro vencedores das súas categorías

Foto  Juan Caballero

A Ría de Arousa embolsou o térmico que lle chegaba desde Ribeira , como un fol convertido en alento de vida que
permitiu a celebración da XV Regata Gadis que organizou o Club Náutico Deportivo da localidade barbancesa.
Con vento que se movía entre o 280 e o 300, é dicir, noroeste, montouse sobre o seu eixo medio a saída, con baliza de desmarque fondeada a 0,4 millas e tendo por diante dous percorridos diferenciados pola distancia en millas. Os máis grandes, os Regata e Cruceiro/Regata navegaban 15 coa proa posta a Esqueiros por Babor, Illa de Rúa por Babor, Baliza do Ter por Babor, Maño por Estribor, e Chegada. Os Cruceiro, con 8 millas por navegar, facían Illa de Rúa por Babor, Baliza do Ter por Babor, Maño por Estribor, e Chegada, acurtando sete millas ao non trazar o seu paso por Esqueiros.
Aínda cando as intensidades foron variando desde as mínimas aos 10 nós, a frota puido facer os percorridos nunha xornada con altas temperaturas soportadas grazas á brisa mariña.
Na División dos Regata fíxose coa XV Regata Gadis o Chispetrén, de Jesús Iglesias. O veleiro, con grímpola do Club Náutico Arousa Norte foi o máis rápido de toda a frota, investindo, en tempo real, 2 h 37´01”. O segundo clasificado, e a tan só 6 segundos, foi o Moucho, de Daniel Ayaso, do Club Náutico Deportivo de Ribeira. Pechaba o podio o Petrilla, de Jaime Barreiro, do Club Náutico de Portonovo.

Nos Cruceiro/Regata coroaba o podio da Regata Gadis o Mar de Frades- Ronáutica Mariñas, de Jorge Carnero, do Club Náutico San Telmo. Segundo foi o Cámping Ría de Arousa, de José Manuel Pombar, do Ro Yacht Club. E o posto bronce íase para a Píllara, de Iago Ben Otero, do Náutico de Ribeira.
E na División dos Cruceiro, o trofeo adxudicáballo o Arosa VI, de José Luis Torres Colomer, do club anfitrión, o náutico ribeirense.
Segundo foi o Galopín, de Manuel Franco, tamén de Ribeira, sendo terceiro o Piko Norte, de José Manuel Castro, do Club Náutico de Boiro.
A entrega de premios celebrouse no salón de actos do Club Náutico ribeirense, con asistencia do director de Gadis Hiper de Riveira, Luis Vázquez; o presidente do club convocante, José Luis Torres Colomer; os concelleiros de Relacións Institucionais e Seguridade de Riveira, Ramón Doval e Víctor Reiriz, respectivamente; o capitán marítimo de Vilagarcía, Manuel Martínez; o comodoro do Náutico de Ribeira, José Luís Lomba, así como o tesoureiro, Justo Arevalillo.

Foto e texto de Juan Caballero

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.