“Cenutrios”. Jacobo Otero Moraña

13 Xullo 2021

Nestes días nos que non puiden escribir, pasaron demasiadas cousas. A miña idea, como xa lles comentei noutras ocasións, pasa por non converter esta sección en obituario. E tampouco pretendo soltar “ filípicas” moralizantes que non fan outras cousa que aburrir aos potenciais lectores. A ausencia veu condicionada por varios motivos. Uns de índole laboral. Outros, polo efecto adverso da segunda dose da vacina. Poden estar tranquilos os que me aprecian, que me durou pouco o malestar . En canto aos meus amados detractores, toca esperar unha oportunidade máis propicia. Desta non me tocou poñer rumbo a Fafián.
Outros personaxes máis insignes si nos deixaron. Desde Richard Donner, famoso director de películas tan míticas como A Profecía, Os Goonies ou a saga Arma letal, ata a incombustible Rafaella Carrá, cuxas cancións quen máis e quen menos tarareamos ou esnaquizamos nalgún que outro karaoke estival. Anos despois de afianzarse como artista, resulta que a súa música volveuse unha icona do movemento “gai”, igual que as de Donna Summer, Cher ou Gloria Gaynor. Pois nada. Os heterosexuais sen complexos nin problemas con ninguén (que somos a maioría), seguimos danzando con esas pachangas verbeneras. Porque se unha cousa está clara, é que a música, do mesmo xeito que moitas outras cousas, non é patrimonio de ninguén en concreto. Ou gusta ou non gusta. E o feito de que nunhas persoas esperte sentimento e noutras non, tampouco é indicativo de nada. Pasa co Pop, Rock,Flamenco,
Pasodobres e ata coa Muiñeira. O que xa non resulta de recibo, é que un grupo de rapaces salga de esmorga unha noite e un acabe morto tras recibir unha malleira. Iso,creo que ningún o podemos entender.
Pero está visto que algúns cenutrios seguen saíndo cada día para buscar rifa. Pasaba, pasa, e por desgraza, seguirá pasando. Así que me van a permitir que lles conte unha anécdota que vivín en carne propia. Os feitos tiveron lugar no noso pobo hai xa moitos anos. A diferenza doutros veráns, aquel en concreto os meus pais decidiron pasar a primeira quincena de xullo en Benidorm,e como non podía ser doutra forma, fun con eles. Abríronseme os ollos a un mundo totalmente novo e descoñecido, pois xa naquelas datas(1980),era un lugar de encontro de todos os juerguistas de Europa. Alí comín a primeira hamburguesa da miña vida,antes de que se puxesen de moda as franquías. Vin os artistas que cada noite realizaban auténticas obras de arte na area da praia, e a “turistas” tatuados que provocaban a miña sa envexa. Pois tamén me compraron un deses colares de coral que logo se poñerían de moda entre surfeiras e seguidores da moda ibicenca. Cheguei á nosa Sta Uxía desa guisa,e poucos días despois, topo con tres matoncetes que ao ver o devandito colar, decidiron que eu era “maricón”. Comezaron o seu acoso, e aínda que daquela este que lles fala era un macaco, ademais de bastante inocente, retruquei de palabra. Tiven que saír á carreira da chaira do Atrio (aínda non existía a actual praza, senón unhas laxas de granito que se convertían en aparcamento), porque se me pillan, cáeme a do polbo. Vagueei durante un bo intre, e cando cría que lles daba esquinazo, achegueime de novo por un dos canellóns que me permitían ver a fachada da igrexa e comprobar se seguían por alí.
Xa mas pintaba felices cando de súpeto recibín un impacto por detrás. Sorte que quen me cascou a viaxe era o menos corpulento deles, porque senón, fixo que me rompe algo. Funme para casa amolado,e durante varios días, doéronme por igual a xunta da mandíbula, xusto debaixo do oído, e o amor propio. E todo porqué. Pois por que a tres aprendices de abusón deulle por emprendela comigo debido a que algo non lles cadraba (o colar). O pobre raparigo de Coruña tivo bastante peor sorte que eu. O máis duro é que a pesar dos corenta e un anos que median entre ambos os sucesos, e a pesar do moito que se supón que evolucionou a sociedade, vemos que certas cousas van a peor. Antes podías pensar que a actitude de certos individuos debíase á súa manifesta incultura e falta de mundo, aínda que a verdade, é que sempre houbo malos. Xente que goza facendo dano aos demais, amparándose no efecto masa para que non saian a relucir os seus traumas.
En calquera caso, a experiencia nin moito menos volveume asustadizo, aínda que é certo que ao acabar o verán saqueime o devandito abelorio. En clase tiñamos un compañeiro que a diferenza da miña, si mostraba unha certa ambigüidade. Non lle desprezabamos en absoluto, pero nos xogos de recreo, optaba por sempre o personaxe feminino da serie de moda. Ignoro que sería da súa vida. Pero non me quero imaxinar o que lle terían feito aqueles tres cenutrios.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...