Avanzan as obras para mellorar o illamento do IES Campo de San Aberto

23 Xullo 2021

O Concello de Noia informou da boa marcha das obras destinadas a rehabilitar o exterior do IES Campo de San Alberto.

Estes traballos diríxense por unha banda a mellorar a eficiencia enerxética do centro, coa instalación de pranchas con illamento térmico. Amais, engadiu o Goberno local, substituiranse as xanelas do inmóbel, o que contribuirá a optimizar a protección do edificio fronte aos diferentes factores climáticos externos.

No interior do edificio levaranse a cabo melloras na iluminación e nos baños.
Esta actuación conta cun investimento de 1 millón de euros.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.