As obras nos accesos á Pousada de Lousame rematarán nos próximos días

21 Xullo 2021

O Concello de Lousame está a traballar na mellora dos accesos á localidade da Pousada, na parroquia de Tállara, desde a estrada Portobravo-Tállara. As tarefas rematarán nos próximo días co aglomerado do camiño, logo de que xa estean
construídas as novas beirarrúas en formigón que dan continuidade ás existentes na beira da estrada mencionada.
A actuación, levada a cabo por Construccións Fermín Simal SL e que supón un investimento de 49.368 euros, xa reparou as fochancas existentes no camiño, que ancheou 1 metro a cada lado, e dotou á zona de recollida de augas pluviais, instalando unha tubaxe de PVC de 400 mm de diámetro en ambas marxes da estrada. Nos próximos días a obra quedará rematada coa mellora da capa de rodaxe con seis centímetros de aglomerado en quente.
Estas obras complementar a mellora dos accesos a esta mesma localidade desde a estrada DP-1104 Ponte Beluso-San Francisco, nos que o Concello de Lousame investirá 13.774 euros.

Acceso Pousada Lousame

Outros artigos

Falece afogado un home de 80 anos na praia de Caldebarcos en Carnota

Un home de 80 anos morreu afogado na mañá deste venres na praia de Caldebarcos, no municipio coruñés de Carnota, á que acudira para darse un baño. O falecido é veciño de Caldebarcos. O corpo da persoa falecida foi recuperado por un particular. Foi o mesmo particular...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Oporto”. Alberto Barciela

“Oporto”. Alberto Barciela

Oporto puede seguirse en el sentido serpenteante de un río, o en la vertical de un océano, ascenderse o descenderse por meandros encajados en calles que a veces semejan acantilados, que siempre se precipitan hacia agua, una urbe universal cerca del tiempo que le tocó...