As 00 horas do sábado entran en vigor os niveis de restricións por municipios. Boiro, Muros en máximo, Ribeira, A Pobra en alto, Rianxo, Noia, Outes, Cee, Carnota en medio, O Son e Lousame en baixo2

30 Xullo 2021

Desde a medianoite deste venres ao sábado haberá 52 municipios en nivel medio e 202 en nivel medio-baixo.

NIVEL MÁXIMO DE RESTRICIÓNS

BOIROMUROS, O BARCO, CAMBADOS, MEAÑO, O GROVE, SANXENXO, BURELA, FOZ, VIVEIRO, BAIONA E MONTERROSO

NIVEL ALTO DE RESTRICIÓNS

RIBEIRA, A POBRA, AVIÓN, CARBALLO, ARTEIXO, FISTERRA, OLEIROS, ARZUA, MELIDE, CERVO, RIBADEO
BARBADAS, O CARBALLIÑO, OURENSE, VERIN, A ILLA, MARIN, POIO, PONTEVEDRA, VILAGARCIA, VILANOVA
GONDOMA, NIGRAN, O ROSAL, TOMIÑO, VIGO, A CORUÑA, CAMBRE, CULLEREDO, AMES, SANTIAGO, FERROL
LUGO, BUEU, MEIS, PONTE CALDELAS, RIBADUMIA, A GARDA, MOAÑA, MOS, O PORRIÑO, REDONDELA, AS PONTES, ORTIGUEIRA, CHANTADA, MONFORTE, SOUTOMAIOR, CARIÑO

NIVEL MEDIO DE RESTRICIÓNS

RIANXO, NOIA, OUTES, CEE,CARNOTA, TOQUES, A CAPELA, RABADE, MONTERREI, RIOS, SADA, MONDOÑEDO, BEARIZ, BOBORAS, VILAMARTIN
CORCUBION, CURTIS, PONTEDEUME, BARREIROS, O VALADOURO, A POBRA DE TRIVES, A RUA, COLES,
A LAMA, BARRO, OROSO, PONTECESURES, SILLEDA, TEO, SARRIA, VILALBA, MACEDA, O PEREIRO, RIBADAVIA,
SAN CIBRAO, CALDAS DE REÍS, TUI, BERGONDO, CORISTANCO, BRION, PADRÓN, CEDEIRA,
NARON,VALDOVIÑO, CELANOVA, A CAÑIZA, ARBO, AS NEVES, CANGAS, PONTEAREAS, VILABOA, VIMIANZO.

NIVEL MEDIO BAIXO

O SON, LOUSAME e outros 20O concellos galegos.


Hai restricións vixentes comúns ao todo o país e algunhas cambiounas a Xunta. Así praias e parques pechan desde a medianoite ata as seis da mañá e non se poden reunir en exteriores máis de 10 persoas non conviventes, 6 en interiores.

Ademais, hai restricións específicas segundo o nivel do municipio, variación de limitacións que afecta principalmente á hostalería:

Nivel máximo

Establecementos de hostalería e restauración: Interior 30% (maiores de 12 anos deberán presentar certificado) e terrazas: 50%.
Lecer nocturno: 50% de terrazas permitidas. Peche á 1 p.m.

Nivel alto

Os parques e xardíns públicos e as praias pecharán entre as 00:00 e as 06:00.
Establecementos de hostalería e restauración: Interior 30% (maiores de 12 anos deberán presentar certificado) e terrazas: 50%.

Nivel medio

Establecementos de hostalería e restauración: Interior 50% e terrazas: 50%. Non se require certificado.
Lecer nocturno: 50% interior permitido (requírese presentación de certificado) e 100% terrazas. Peche ás 3 p.m.

Nivel medio-baixo

Establecementos de hostalería e restauración: Interior 50% e terrazas: 100%.
Lecer nocturno: 50% interior permitido (requírese presentación de certificado) e 100% terrazas. Peche ás 3 p.m.

Conselleiro Sanidade na comparecencia na que se comunica as novas normas

Outros artigos

Todo preparado para a Semana Santa na ría da Estrela

Na ría da Estrela (ría de Muros e Noia) prepararon estes días até os máis miúdos detalles para recibir aos visitantes de Semana Santa. "Aqueles que buscan historia, contorna, gastronomía, atoparano neste roteiro que axunta os concellos de Lousame, Muros, Noia, Porto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

“Meus irmáns” – Xulio Xiz

Fóronse meus dous irmáns: Mato, o maior, e Santi, o pequeno. O maior, morreume hai unhas semanas. O máis novo, o día do Pai. Se Xesús tivo vida longa e froitífera, Santi foise moi cedo despois de poñer unha pica en Bristol. Os tres somos tamén agora irmáns en terra:...