A Xunta vén de resolver a convocatoria de axudas deste ano 2021, que busca contratar a persoas perceptoras de Risga para apoiar aos concellos galegos.

Na comarca do Barbanza beneficiaranse 7 concellos. En total 224.000 euros e contratos para 19 persoas. En cambio, na provincia da Coruña, apoiarase a contratación de 191 persoas perceptoras de Risga en 37 concellos a través dun investimento de 2,3 millóns de euros.
O obxectivo consiste en proporcionar aos beneficiarios a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral a través dun contrato de 9 meses de duración. Así, a iniciativa busca impulsar o emprego local e mellorar a empregabilidade das persoas participantes, ademais da integración laboral de persoas vulneraábeis.
Grazas á nova resolución e os programas que xa se resolveron anteriormente, os concellos da área do Barbanza recibirán 622.000 euros para a contratación de 90 desempregados. Destacan por exemplo os obradoiros de emprego; as axudas para a contratación de orientadores laborais ou os Programas Integrados de Emprego.