Aparece en Rianxo o tesouro número 10 da proposta dinamizadora A miña avoa

09 Xullo 2021

O Concello de Rianxo informou da localización do tesouro número 10 da campaña A miña avoa, posta en marcha polo Goberno local para fortalecer a aposta polo comercio local a través dun convite á busca de tesouros (no que a propia vila de Rianxo e a súa contorna constitúen o mapa de descubrimentos que a veciñanza participante deberá desentrañar). O dito tesouro foi atopado por Abel Deira, debaixo dunha pedra a carón das varandas do Mercado Municipal. O Concello fixo saber que só resta por aparecer o achado correspondente á pista número 9. Os días pasados foron albiscadas as restantes tarxetas, en diferentes recantos da vila, como por exemplo os bancos da igrexa, o exterior do cemiterio, a contorna da praia de Tanxil ou no monumento á Rianxeira.

A campaña

O Concello de Rianxo quixo activar este verán unha proposta lúdica e participativa para dinamizar o comercio local nestes tempos de paulatina recuperación ao tempo que recoñecía e distinguía a implicación das rianxeiras e rianxeiros cos establecementos dos seus veciños e familiares. Trátase do devandito concurso A Miña Avoa, no que participaron máis de 100 negocios locais. Neles, os participantes puideron obter as pistas que os levasen a atopar un dos moitos tesouros agochados pola vila, que eran vales de compra para o comercio local.

Desafío arqueolóxico

O certame consistiu nun xogo de pistas e descubrimentos, a xeito de reto arqueolóxico. Propúxose unha historia a través dunha antiga publicación na que un entrevistado falaba da súa avoa, unha celebridade da vila que, pola información obtida, era probábel que tivese agochado agasallos por todo o concello, “como facía cos seus regalos de aniversario cando era só un neno”, sinala o entrevistado, que remata o seu diálogo deste xeito: “Foi unha gran avoa, unha gran persoa e sobre todo, unha gran arqueóloga”. No texto ofrécense unha serie de pescudas para a localización dos tesouros.

Fomento da economía local

O obxectivo principal da iniciativa foi “fomentar a economía no sector da restauración e do comercio local” ao tempo que se potenciaba “o lecer e a cultura do municipio” e “o traballo en equipo dentro dos círculos familiares”. Os ingredientes principais do concurso foron os cheques-agasallo e, tamén, a repercusión acadada pola iniciativa nos medios de comunicación, ao tratarse “dunha campaña innovadora, orixinal e diferente”, en palabras do Concello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...