“Actividade e habitabilidade nos pesqueiros, obxectivos da Xunta”. Antón Luaces

14 Xullo 2021

E de repente, veu a luz. Iluminouse o despacho -naturalmente, o da conselleira Rosa Quintana, que se encarga dos asuntos da pesca- e no goberno galego decatáronse -xa ía sendo hora- de que, para promover a remuda xeracional no sector pesqueiro resulta necesario mellorar a actividade e a habitabilidade dos buques de pesca. Convencidos como están en San Caetano, van apoiar axudas económicas por importe de máis de 1,2 millóns de euros cos que afrontar polo menos 85 proxectos xa seleccionados. Deste xeito, a Xunta pon ao dispor do sector o cofinanciamento co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca para favorecer a actividade pesqueira sustentable e, ao mesmo tempo, mellorar as condicións de traballo, hixiene e seguridade dos buques e dos investimentos relacionados coa eficiciencia enerxética e a mitigación do cambio climático, entre outros aspectos.
Un vello dito sinala que “nunca é tarxde se a dita é boa”, e aínda que a conselleira optou nidiamente por senalar que “con estas achegas” increméntanse “o valor engadido, a caloidade dos produtos e a utilización das capturas non desexadas, non é menos certo que se ofrece aos traballadores do mar motivos para levar a bordo unha vida mellor en condicións que merecen a pena e que, agora mesmo, botan para atrás a moitos dos que no seu día apostaron por unha vida laboral realizada a bordo dun barco de pesca. Pero se a Xunta é consciente, por fin, de que hai que mudar para atraer a xente nova para este sector que vai a menos, millor que millor. Porque a pesca sustentable tamén se fai na zona de habilitación dos barcos, nos escasos momentos de descanso deses homes e mulleres que saben cando comezan o seu labor e nunca cando este vai rematar. Coidar dos traballadores, dos tripulantes, é coidar do peixe que se captura. É unha maneira de potenciar ese valor engadido tan pouco tido en conta nos últimos cen anos do sector pesqueiro nos que o traballador non era outra cousa que un medio máis de enrkiquecer ao armador. Agora, finalmente, as cousas mudan e oxalá, como penso, sewxa para ben do produto e dos produtores, patróns incluídos. E non é un falar, porque ben que o dixo a asociacións de profesionais náutico-pesqueirois encadrados en AETINAPE cando. aínda non vai un ano, proclamaba que o relevo xeracional, se non se producía, non se debía a que a xente moza non quixera mollar o cú no mar, senon máis que, querendo mollalo, prefería facelo nun barfco en condicións e con salarios que compensaran o esforzo que a diario deben realizar a bordo. Gañar todos, para que ninguén perda.En boa medida, a Xunta da un paso adiante. Haberá que, polo tanto, outorgar un voto de confianza a quen asume agora que a necesidade de cambios existía e que estes chegan pola vía do sinxelo: a do entendemento. Que así sea.  

Outros artigos

“Eurocopa”. Xulio Xiz

Noto o peso dos anos, máis ca fisicamente nas continuas referencias a tempos idos. E non porque xeneralice a bondade do pasado, que moito habería que matizar, senón porque o paso do tempo me vai permitindo comparar situacións que me parecen aberrantes. O deporte –...

+

“Paz profesional”. Alberto Barciela

En los primeros días de la Guerra Civil española, contemplando una parada militar en la rúa del Villar de Santiago, preguntaba un paisano a otro: “a ti que che parece todo isto?” El otro le contestó, “por un lado ti xa ves e polo outro, que queres que che diga?” A lo...

+

“10 años del reinado de Felipe VI” – Manuel Domínguez

Se cumplen diez años del reinado de Felipe VI, el paso de los diez años se nota en su rostro, se nota en que las niñas crecieron, la heredera al tono, ya esta pasando por las fuerzas armadas, mas tarde complementara con otros estudios. La cosa, es la pregunta obvia,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La profesionalidad del Gobernador”. José Castro López

“La profesionalidad del Gobernador”. José Castro López

El Gobernador del Banco de España finalizó el mandato y Pablo Hernández de Cos sedespidió con la elegancia de un caballero y con la profesionalidad del eminenteeconomista después de seis años al frente de una institución clave para la economía y elsistema financiero...