A VII edición do Trofeo Pitusa Sabín puntuará para o Trofeo Presidente Xunta de Galicia

A VII edición do Trofeo Pitusa Sabín, que cumprirá como regata a súa XXXIII celebración dun clásico en toda a comarca do Barbanza. A proba organizada polo Real Club Náutico de Portosín constará de tres probas nas dúas xornadas nas que se disputa, e será puntuable para o Trofeo Presidente Xunta de Galicia.
Así, a primeira xornada terá lugar o sábado 21 de agosto, e a flota largará amarras desde os pantaláns do Real de Portosín para emprender un trazado costeiro desde o interior da Ría de Muros e Noia, con dúas alternativas de distancia dependendo do tamaño e a capacidade vélica dos veleiros.
O domingo 22 de agosto, segunda xornada, toda a flota disputará dous recorridos ao vento, de tipo barlovento-sotavento, cunha lonxitude, cada un deles, que pode oscilar entre as 6 e as 8 millas. Este factor dependerá das condicións de mar e vento no interior da Ría de Muros e Noia.
O Real Club Náutico Portosín está traballando de maneira intensa para conseguir un bo número de barcos co fin de atopar mostrar un bo papel no destacado Trofeo Presidente Xunta de Galicia.

Carrumeiro Chico. Foto: Juan Caballero