A sexta edición de Titiriberia leva os mellores espectáculos de monicreques ás parroquias de Rianxo

02 Xullo 2021

Os responsábeis da Asociación Cultural Morreu o Demo e do Proxecto Barriga Verde estiveron estes días no Consistorio de Rianxo para avanzar algúns detalles da sexta edición do Festival Titiriberia, organizado co apoio de Cultura da Deputación da Coruña e do Concello de Rianxo, e inserido na programación municipal de actividades de verán. Segundo se fixo saber, a nova edición rianxeira do certame internacional de monicreques tradicionais vaise celebrar entre os días 20 e 24 de xullo. Será un programa de espectáculos diverso e, sobre todo, descentralizado, con presenza en moi diferentes localizacións do territorio rianxeiro. O festival celebrarase baixo un epígrafe que é unha homenaxe á vila que o acolleu: Cachiporras de pau de laranxo!

Moitos dos detalles da nova convocatoria xa se poden consultar na web titiriberia.com.

As sesións comezarán o mates 20 da man de Dona Barriga Verde (ás 12 en Campo Maneiro, en Taragoña, e ás 21.00 no Centro Cultural Vicente Vidal de Leiro) e proseguirán ao día seguinte, 21 de xullo, con O Cego dos Monifates (ás 11.00 horas no mercado da praza Castelao), Sidulfo e o diaño (ás 12.00 no Campo do Souto de Isorna) e as Varietés do animalario (ás 21.000 no Centro Sociocultural A Capela do Araño).

O xoves será a quenda de O día em que a morte sambou (ás 12.00 no Auditorio de Rianxo) e de Títeres e medios (mesa redonda, ás 20.00 horas no Pazo de Rianxo. O venres 23 desenvolveranse os espectáculos Vacacións no mar (ás 12.00 no Parque de Santa Lucía en Asados), Maldita Máscara (ás 20.30 no Pazo de Rianxiño) e Varietés (música e actuacións, no patio do CEIP Castelao ás 23.00). O sábado será a quenda de Retrocuentos (ás 12.00 horas no Auditorio de Rianxo) e da Feira das Sementes (ás 21.00 horas no Pazo de Rianxiño). Os diferentes espectáculos complementaranse con exposicións e obradoiros de monicreques e de teatro de máscaras para a rapazada.

Outros artigos

No Son, o Concello entrega os premios do III Concurso dos Maios

O Concello de Porto do Son compartiu o palmarés da terceira edición do Concurso dos Maios do Concello de Porto do Son. O certame saldouse cunha serie de contribucións "impresionantes", segundo sinalou o Concello, engadindo que "tras descubrir, ver e analizar os...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.