A Pobra impulsa o concurso Galeguizando TikTok para conmemorar o 25 de xullo

27 Xullo 2021

Entre as accións programadas pola Concellaría da Normalización Lingüística da Pobra do Caramiñal que dirixe Xabier Santos (BNG) para celebrar o Día da Patria Galega (este 25 de xullo) atópase unha iniciativa que pon o foco nas redes sociais e o seu potencial para espallar as homenaxes á nosa terra, máis polo miúdo nun dos servizos en liña de meirande proxección entre as novas xeracións: a rede TikTok. Estamos a falar do concurso Galeguizando TikTok.

O alcalde, Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), e o concelleiro da Normalización Lingüística, Xabier Santos, na presentación das actividades polo Día da Patria Galega

Trátase basicamente dun certame audiovisual onde os vídeos que se acheguen teñen que cumprir os seguintes requisitos: deberán estar en galego, ter como temática o Día da Patria Galega e seguir o formato da aplicación TikTok. As persoas participantes, que deben ter trece anos ou máis, terán que anotarse e entregar o vídeo mediante o enderezo electrónico normalizacion.linguistica@apobra.gal. Os premios serán un lote de produtos culturais galegos e estabelécense un total de 3 distincións valoradas en 100 euros cada unha: ao máis orixinal, ao máis divertido e ao máis creativo.

A data límite para a inscrición estipúlase no día 31 de xullo e, unha vez formalizada, outorgarase a cada persoa un código de identificación para pór na súa gravación. O envío das pezas farase antes de rematar o día 5 de agosto e as gañadoras faranse públicas a partir do día 10 de agosto. As bases están ao dispor na páxina web do Concello.

Outros artigos

Este venres recala en Boiro “Deadpan Karaoke” de Ibuprofeno Teatro

A Casa da Cultura de Boiro vai dar acollida este venres 26 de abril á representación teatral de Deadpan Karaoke, a cargo de Ibuprofeno Teatro, a partir das 21.00 horas. As entradas estarán á venda dende unha hora antes da función na billeteira. Trátase dunha peza para...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

Despois de tantos anos de período democrático e de liberdades en España, queda de manifesto que o espírito da transición durou o xusto e necesario para que se producise unha amnistía xeral de todos os crimes cometidos durante as catro décadas da ditadura militar...