A nosa web codigocero.com cumpre 20 anos na Rede

25 Xullo 2021

O 25 de xullo de 2001 abriuse á web codigocero.com como unha páxina web para achegar información tecnolóxica en galego, divulgando na nosa lingua o que estaba a acontecer no sector TIC galego e internacional. Este espazo pretendía facilitar o traballo do programa Código da Radio Galega, e do mesmo xurdiron un boletín diario por correo electrónico que actualmente segue en funcionamento con preto de 3.000 subscritores, e un boletín semanal en formato PDF que medio ano despois deu pé á revista mensual en papel Código Cero que cunha tirada de 3.000 exemplares/mes acaba de chegar o número 215 e que en xaneiro cumprirá tamén veinte anos. E todo en galego.
En todo este tempo a publicación dixital que conta con preto de 70.000 usuarios únicos/mes consolidouse como referente informativo do sector en Galicia, e tamén como iniciativa dixital na nosa lingua, contribuíndo así á normalización do galego no ámbito tecnolóxico.
Estas dúas décadas non terían sido posible sen o apoio de asociacións, empresas, administracións públicas e lectores, sempre receptivos á divulgación na nosa fala, demostrando entre todos que vivir en galego é posible, e que tanto podemos empregar esta canle para saber da tecnoloxía que está a revolucionar o mundo como para proxectar a nosa industria e cultura ao mundo.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.