A Lonxa de Ribeira acolle unha mostra da ONG SEO/ BirdLife sobre a importancia das aves no mar e as súas ameazas

12 Xullo 2021


A ONG SEO/ BirdLife inaugurou este luns na Lonxa de Ribeira (A Coruña) a exposición fotográfica As aves, os nosos ollos no mar, dedicada ás aves mariñas, as súas ameazas e a relación existente cos pescadores. A beleza e as ameazas do medio mariño a través de fotografías.


A través dunha selección de imaxes, “móstrase a beleza do medio mariño e das especies que o sobrevoan, así como da actividade pesqueira”, e ao mesmo tempo, “visualízase o drama que representan as múltiples ameazas que se cernen sobre as aves, poñendo o acento nas capturas accidentais”, engade.

Pardelas, mascatos, corvos mariños, gaivotas e outras aves mariñas protagonizan a exposición; xunto cos pescadores, que contan en primeira persoa o seu vínculo con elas baixo a visión común de ser “os seus ollos no mar”, indica a entidade.

Tamén o son para os biólogos e biólogas do Programa Mariño de SEO/ BirdLife, que teñen entre as súas prioridades estudar e buscar solucións a unha das súas “maiores ameazas: a captura accidental en artes de pesca”.
Beatriz Barajas, técnica do Programa Mariño de SEO/ BirdLife, explicou na inauguración da mostra que quixeron chegar ao gran público, e en especial aos pescadores, a través de imaxes impactantes, pola súa beleza e polo problema que representan.

Paulo Lago, técnico do Programa Mariño de SEO/ BirdLife en Galicia resaltou que máis de 50 pescadores do colaboraron estreitamente na recollida de datos a bordo ou axudando a probar posibles medidas de mitigación, mentres que moitos máis achegaron a súa visión a través de enquisas e obradoiros.
A mostra poderá verse ata o próximo 30 de xullo na Lonxa de Ribeira, para aterrar despois no Faro de Cap de Creus (provincia de Xirona), do 10 ao 31 de agosto. Máis tarde, do 10 ao 12 de setembro poderá visitarse na feira MadBird de Madrid e en outubro expoñerase na Lonxa do Grove durante a Feira do Marisco nesa localidade pontevedresa.

A exposición foi realizada por SEO/ BirdLife dentro do proxecto ‘ Zepamar II’, que conta coa colaboración da Fundación Biodiversidade do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do Programa Preamar, co-financiado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Armarse para la paz por miedo al invasor Putin”. Manuel Velo

“Armarse para la paz por miedo al invasor Putin”. Manuel Velo

Después de cientos de años no aprendemos nada y seguimos la misma dinámica de guerras, en vez de llegar a acuerdos para construir en vez de destruir. Parece una contradicción que haya que armarse para la paz por miedo al invasor como Putin. Cuanto más poder tienen más...