A Ecobrigada de Amicos libera de residuos contaminantes as praias de Porto do Son

02 Xullo 2021

A Ecobrigada de Asociación Amicos comezou a recollida de residuos mariños dos areais de Porto do Son para a súa posta a punto para o verán. Segundo informaron os integrantes do equipo de limpeza e protección ecolóxica, está previsto actuar na totalidade de praias no concello, empezando pola praia de Ornanda ou Gaivotas e percorrendo toda a liña de costa ata chegar ao concello de Ribeira, abranguendo os areais de Aguieira, Caveiro, Fonforrón, Suigrexa, Arnela, Baroña, Queiruga e Coira.

O encomiábel e meritorio traballo da Ecobrigada tradúcese en importantes cantidades de refugallos apañados, un traballo que ten o valor engadido de evitar a súa degradación no medio mariño. Estas son as cifras que manexan: unha media duns 75 quilogramos de residuos por día, un total de case 300 kg.

Ademais de recoller os residuos, a Ecobrigada encárgase de identificar os materiais apañados, clasificalos e pesalos, polo que ata o momento, retiráronse das praias de Porto do Son un total de 197 kg de plástico, 8 kg de vidro, 2 kg de papel e 83 kg de mistura de restos. A previsión é que cando rematen os labores de limpeza, este venres, o total de residuos mariños retirados das praias sexa duns 450 quilogramos.

“O que estamos recollendo maioritariamente son envases de plástico e redes” indica Daniel Ares,

capataz da Ecobrigada encargada da limpeza. Indica que “malia todo”, ve que a xente cada vez está máis concienciada con non tirar lixo nos areais: “Na praia de Baroña, unha turista inglesa achegouse para indicarnos onde atopara máis plásticos para que pasáramos a recollelos”, explicaba Daniel.

A brigada encargada desta actuación está constituída por un capataz e tres operarios con discapacidade intelectual en risco de exclusión social. Esta acción, financiada polo Concello de Porto do Son, está en liña coa política ambiental de Amicos e abéirase ás accións desenvolvidas dentro do proxecto RE-MAR, promovido por Amicos e financiado pola Fundación Biodiversidade dentro do programa Preamar e financiado por fondos FEMP. Este proxecto ten como obxectivo a redución de lixos mariños a través das persoas con diversidades cognitivas e funcionais, favorecendo a implicación directa das institucións, os traballadores do mar e a poboación en xeral.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...