A Deputación mellorará a vía de acceso ao novo polígono de Ribeira

13 Xullo 2021

A Deputación da Coruña mellorará a estrada que vai da Carballa a Moldes, no Concello de Ribeira, e que será unha das vías de acceso ao futuro polígono industrial. A Asociación de Empresarios de Ribeira, a través do seu presidente, Francisco Martínez Gude, explicou a necesidade de levar a cabo esta obra nunha reunión mantida no pazo provincial co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González.

O obxectivo da actuación sería o de ampliar a plataforma da vía para responder ás necesidades do novo polígono, que estará situado na contorna de Fontenla e Pedras Vermellas, na parroquia de Palmeira.

O encontro serviu para detallar as diferentes actividades e o traballo que están facendo, tanto a nivel de dinamización dos sectores comerciais como de hostalería e restauración, para reactivar a economía neste contexto de pandemia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.