A Deputación da Coruña apoia con 17.000 euros o programa de voluntariado europeo de Paideia

21 Xullo 2021

A Deputación da Coruña e a Fundación Paideia confirmaron que van continuar, un exercicio máis, impulsando o voluntariado social en países europeos “mediante un programa dirixido á mocidade desempregada da provincia”. O ente provincial apoia, un ano máis, á entidade a través do financiamento das actividades formativas e informativas do programa.

O presidente provincial, Valentín González Formoso, e Sandra Ortega, presidenta da Fundación Paideia Galicia, rubricaron o convenio, a través do que a Deputación da Coruña achegará 17.000 euros, o 70% do custo total da iniciativa.

En 2020 participaron neste voluntariado un total de 169 mozos e mozas coruñeses de entre 18 e 30 anos, dos que 133 procedían da cidade da Coruña e o resto dos municipios de Arteixo, Betanzos, Boiro, Brión, Camariñas, Cambre, Carballo, Carral, Culleredo, A Laracha, Miño, Noia, Oleiros, Ribeira, Rois, Sada e Santiago.

Neste exercicio, a iniciativa volverá a achegar a 300 mozos e mozas a oportunidade de saír ao estranxeiro para mellorar as súas competencias persoais e profesionais. Como novidade, farase especial fincapé nas zonas rurais da provincia.

O programa consta de dúas fases, a primeira delas conformada por actividades formativas e de contextualización que proporcionarán información técnica e práctica previas á saída dos e das participantes. A segunda, ao regreso,explicará as posibilidades de proxección no mundo laboral do aprendido coa experiencia. O período de voluntariado vai desde os 6 aos 12 meses de duración.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...