A Cofradía da Dorna achega dous puntos de venda para facer chegar o seu suadoiro á comunidade dorneira

A Cofradía da Dorna vai organizar este sábado en Ribeira un novo punto de venda de suadoiros dorneiros, con motivo da LXXIII Sinjladura da Festa da Dorna, que, novamente e debido á necesidade de garantir a seguridade sanitaria da xente, tanto da que forma parte da comunidade dorneira como da que non, non poderá celebrar as súas actividades tradicionais.

A cita deste sábado 17 de xullo será na explanada do porto, a partir das 11.30 horas, onde o antigo palco de pedra.

Ademais e de maneira complementaria, as dorneiras e dorneiros poden recoller tamén os seus suadoiros en Suministros Triñanes, a partir deste mércores pola mañá, unicamente a través de reservas feitas pola web.