A autocita para ser vacinado da COVID-19 arranca a semana que vén cos Erasmus e as persoas maiores de 50 anos

03 Xullo 2021
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, acompañado da directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, e do subdirector xeral de Sistemas e Tecnoloxías da Información, Benigno Rosón Calvo, na rolda de prensa para informar de novidades no Plan galego de vacinación da covid. foto xoán crespo

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, presentou este sábado o novo sistema de autocita por internet para a vacinación fronte á COVID que a Xunta vai poñer en marcha a partir da vindeira semana. No acto o conselleiro estivo acompañado polo xerente do Sergas, José Flores Arias, a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán Parrondo, e polo subdirector xeral de Sistemas e Tecnoloxías da Información, Benigno Rosón Calvo.

Este novo sistema, que comezará a funcionar a partir da vindeira semana, é un complemento do sistema tradicional de citación via SMS, que está a utilizar dende o comezo da campaña a Xunta priorizando os grupos de idade, e que tan bos resultados reflicte, xa que Galicia é unha das comunidades autónomas que máis avanzada vai no proceso de vacinación.

Tal e como explicou o conselleiro de Sanidade, o novo sistema de autocita está destinado, de entrada, para os grupos de persoas maiores de 50 anos e para os estudantes galegos de Erasmus. Posteriormente, en función das vacinas dispoñibles, irase abrindo a outros grupos poboacionais, e, posteriormente, á poboación xeral.

Por tanto, o grupo que forma parte da denominada campaña de vacinación activa, que son o colectivo de 30 a 39 (primeiras doses) e 40 a 49 (segundas doses), seguirán a ser convocados por SMS, quedando o novo sistema de autocita para a franxa superior da campaña activa (máis de 50) e a inferior, de momento, os menores de 30 que sexan estudantes Erasmus.

Para a campaña de vacinación activa irá destinada o 95% das doses, en consonancia coa aposta da Xunta de Galicia pola vacinación por grupos de idade, e o resto das vacinas, un 5%, irá para aos grupos por riba e por baixo da mesma, que son os que poderán facer uso deste novo sistema complementario de autocita.

Segundo explicou o conselleiro, os listados de estudantes Erasmus, que ascende a un total de 2.000 mozos e mozas, xa lle foi facilitado polas tres universidades galegas á Consellería de Sanidade. O vindeiro luns, comezarán as probas, coordinadas coas universidades, e empezará a citación.

O sistema que entra agora en funcionamento para pedir autocita, ofrece 8.000 ocos no mes de xullo para que se vacinen estes dous colectivos.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, foto xoán crespo
Chamamento á mocidade

García Comesaña destacou o incremento significativo da incidencia da covid a 14 días nos grupos de idade de 12 a 19 anos e de 19 a 30, aínda que a situación nos hospitais segue a ser boa. Ao respecto, lanzou unha mensaxe á mocidade, logo de pedirlles desculpas por non poder vacinalos ao non dispoñer de doses suficientes, para solicitarlles un esforzo no cumprimento das medidas xa establecidas para a contención do virus ata que sexan vacinados (distancia, uso da máscara e lavado de mans). Así mesmo, lembrou que está prohibido a realización de botellóns.

Tamén recordou o conselleiro a rede de probas diagnósticas fronte á COVID que a Xunta ten a disposición da cidadanía, como son o rexistro de viaxeiros, coa conseguinte proba PCR nos COVID auto, ademais da proba diagnóstica que se pode realizar nos 3 aeroportos galegos e a que se solicita nas oficinas de farmacia.

Así mesmo, García Comesaña destacou que a Xunta traballa en dous novos sistemas para obter o certificado de vacinación. Un será a través das oficinas de farmacia e outro a través do correo electrónico, logo da correspondente identificación do usuario.

O responsable sanitario galego referiu que o seu departamento está tamén a traballar para que os maiores de 70 anos que non estean vacinados, poidan acudir sen cita a un punto de vacinación para que se lles vacine.

Pola súa parte, a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, informou da situación epidemiolóxica actual, na que se sigue con especial atención ás áreas de Pontevedra e a súa comarca, así como ao Concello de Ourense e o de Vilagarcía de Arousa. Ademais dos que xa tiñan niveis altos de incidencia, como Sarria ou Carnota.

Pola súa banda, o xerente do Sergas, José Flores, detallou o dispositivo que a Xunta de Galicia puxo en marcha para traer a Galicia aos mozos e mozos da nosa Comunidade que se viron afectadas polo abrocho de Baleares, que estaba formado por cinco profesionais sanitarios.

Proceso de solicitude

Tal e como explicou Benigno Rosón, a cita para a vacinación por medio deste novo sistema pódese solicitar dende un ordenador no enderezo: cita.sergas.gal, ou no portal de saúde do Sergas (E-Saúde: esaude.sergas.gal). Tamén se pode solicitar dende un teléfono a través da APP Sergas móbil.

O acceso estará habilitado para toda a cidadanía, con tarxeta sanitaria do Sergas e cidadáns sen tarxeta sanitaria, pero, de entrada, para maiores de 50 e menores de 30 (de momento só Erasmus).

O modo de identificar ao cidadán serán de dous tipos. Un con seguridade básica, é dicir co número de tarxeta sanitaria ou do Documento Nacional de Identidade ou Pasaporte; e outra manera que é con seguridade alta, con certificado dixital e Chave365.

Para a selección da data, ofreceráselle ao cidadán un calendario cos días dispoñibles para poder vacinarse. Ao seleccionar un día, indicaráselle se ten ocos dispoñibles ou non, e, tamén, o rango de horas no que se atopan estes ocos, tendo a posibilidade de seleccionar unha hora aproximada de atención. Unha vez rexistrada, o aplicativo amosa os datos co nome do cidadán, así como a data, hora e lugar da vacinación.

Esta data escollida para a vacinación por parte do usuario quedará reflectida para ser consultada nos dispositivos electrónicos, como unha cita máis das que ten pendente o cidadán.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

“Por qué mueren las aldeas” – Manuel Domínguez

Por qué mueren las aldeas. Progreso de unos muerte de otros. Pasó en Portugal, pero podía ser aquí, y es aquí. Estaba en un viejo bar de aldea, cerca de una vieja estación de tren, estación que descansa en el olvido. Al otro lado en la aldea unas pocas casas...

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

“Un gravísimo error” – Manuel Domínguez

Madre, error, gravísimo error. Un atardecer en la terraza, mesa colindante un niño, chiquitín le pregunta a la madre, cuando vendrá el coco o el hombre del saco. La madre responde más tarde al anochecer. Luego la madre se queja que el niño reclame luz encendida para...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.