A asociación Corrubedo XI Séculos sorteou sete lotes de libros

13 Xullo 2021

A entidade veciñal Corrubedo XI Séculos procedeu este sábado 10 de xullo a realizar o seu derradeiro acto como asociación: o sorteo entre os seus socios de sete lotes de libros formados por dúas obras inéditas de Francisco Sánchez Fraga (Corrubedo, el territorio y la gente y Mar de vida, mar de muerte) e un estudo xenealóxico de Edmundo Fraga López titulado Apellidos de Corrubedo.

O sorteo tivo lugar na Casa do Mar da parroquia en cumprimento do acordado na xunta de disolución da asociación o 10 de outubro de 2020 e facendo uso do remanente de caixa unha vez aboados os gastos derivados da disolución legal da entidade cultural. A pandemia motivou que este acto se tivese que adiar ata a pasada fin de semana.

Os socios e socias agraciados foron María Carmen Franco Rego (falecida recentemente, co cal o lote pasará a mans dos seus herdeiros), María Teresa Romay Maneiro, Mónica Rodríguez Ramírez, Caetano Díaz Vidal, José Manuel Romay Armental, José María Troiteiro Cancelo e Antonio García Enríquez.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.