A ABE entrega os premios da primeira Quincena Fantástica

23 Xullo 2021

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) entregou os premios da súa primeira Quincena Fantástica, unha campaña que bateu récords na asociación e marco un fito histórico na súa andaina, ao ser a primeira vez, nos seus 33 anos de actividade, que se puxo en marcha unha campaña na que participaron os máis de 200 socios da patronal.

Este 23 de xullo, na sede da entidade, entregáronse os premios correspondentes á primeira quincena que en total suman 530€ en vales de compra e que foron os seguintes:

-Premio de 250 € – Nuria Costas – Compra realizada en Xoguetería Tatino.

-Premio de 150 € -Carmen Yolanda Estalote – Compra realizada en A Tenda de Pepa (Claudio Cabo da Cruz).

-Premio de 100€ -Lidia Calo – Compra realizada en Tiendas Pillados.

-Premio de 30 € -Andrea Romero- Concurso realizado en RRSS.

As gañadoras recibiron o premio de mans do presidente da ABE e poderán utilizalo nos mais de 200 socias e socios da entidade empresarial.

Destacar que neste primeiro cuarto da campaña rexistráronse 521 tíckets corresponden a 47 negocios diferentes.

A campaña denominada Quincenas Fantásticas segue en marcha ata o 31 de agosto e aínda se van sortear 500 € ao remate de cada unha das 5 quincenas. (1 premio de 250, 1 premio de 150 e 1 premio de 100 euros)

Para participar os clientes deben realizar unha compra en calquera dos establecementos socios da ABE, facer unha foto do tícket ou factura e rexistrala en www.abe.gal. En palabras da asociación, “trátase dunha campaña sen precedentes xa que son válidos os tíckets de comercios, bares, restaurantes, ocio nocturno pero tamén os tíckets ou facturas de calquera outra empresa asociada, por exemplo, salóns de peiteado, dentistas, fisios, seguros, pintores, reparacións … en definitiva calquera gasto realizado nunha das empresas socias da ABE”.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.